O pintado de pasos de peóns obrigará a pechar o tráfico nestas céntricas rúas da vila que permanecerán pechadas á circulación dende as dez da noite do venres ata as catro da madrugada do sábado. Haberá tamén cortes puntuais nas rúas Ernestina Otero, Paseo da Xunqueira e rúa Mina.
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade acometerá na noite do venres traballos de pintado en pasos de peóns nas rúas Alfonso XII, General Rubín, Ernestina Otero, Paseo da Xunqueira e rúa Mina. Os traballos comezarán o venres día 5 ás 22.00 horas e rematarán na madrugada do sábado ás 04.00 horas. Para acometer as labores de pintado as rúas Alfonso XII e General Rubín permanecerán pechadas ao tráfico nese horario. No resto das rúas haberá cortes puntuais. O responsable de Infraestruturas, Roberto Villar, solicita a colaboración dos condutores para evitar a entrada e saída dos garaxes destas rúas nese horario, e recomenda na medida do posible utilizar itinerarios alternativos.