Hoxe é Domingo 7 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Mundialito da Xunqueira de categorías inferiores cumpre 40 anos e abre prazo de inscrición

XunqueioraCAsaPAco-e1689075951706-q996xzkq4u3cb428rois317sgnh0318n7lmklot7rc

O histórico Mundialito da Xunqueira de categorías inferiores cumpre 40 anos e abre o prazo de inscrición para esta cita deportiva ata o 20 de xullo. Este evento de futbol sala celebrado na Pista Municipal da Xunqeira está organizada pola concellería de Deportes do Concello de Redondela e o Club Redondela FS e celebrarase do 26 de xullo ao 17 de agosto.

O concelleiro de Deportes, Iván Valles, sinala que este torneo “vai máis máis aló do deportivo, que xa é todo un referente nas actividades de verán na vila”. No Mundialito non só participan nenos e nenas que practican habitualmente fútbol sala, senón tamén “moita rapaza de clubs doutras disciplinas como atletismo ou balonmán”. Entre as categorías que participan atópase a Infantil (nados en 2010 e 2011), Alevín (nados en 2012 e 2013), Benxamín (nados en 2014 e 2015), Prebenxamín (nados en 2016 e 2017), Biberón (2018 e 2019) e Chupete (nados en 2020, 2021 e 2022).

O edil de deportes anima a clubs e afeccionados “a participar nesta histórica cita deportiva e agradece “o gran traballo do Redondela FS na organización deste evento”. Valles confía en que o Mundialito sexa un ano máis “todo un éxito de participación, superando os 500 nenos e nenas como en edicións anteriores”.

Máis información e inscricións nos teléfonos 636 714 160 / 600 988 491, no enderezo electrónico redondelaFS@gmail.com e nas redes sociais do Redondela FS.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará