Hoxe é Sábado 5 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ponte colgante sobre o río Verdugo será rehabilitada nos vindeiros meses

Ponte_colgante_Soutomaior-2048x1536

A Consellería de Medio Ambiente vén de anunciar o acondicionamento desta estrutura que se atopa suspendida seis metros por riba da canle do río a través dunha actuación que se acometerá en outono e que permitirá reforzar a seguridade deste paso. Un proxecto de recuperación enmarcado dentro do Proxecto Ríos que permitiu tamén a recuperación do paseo fluvial coa eliminación de especies invasoras na súa marxe.
A conselleira, Ángeles Vázquez, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo visitaron a zona e presentaron os datos da intervención que se desenvolveu en dúas fases e que supuxo un investimento de preto de 60.000 euros.
A primeira, centrouse na eliminación de especies invasoras e alóctonas presentes na zona de ribeira (fundamentalmente acacias dealbata) mediante o seu chasqueado, unha técnica manual que consiste en retirar a cortiza dos exemplares evitando deste xeito o uso de sustancias fitocidas.
Nunha segunda fase procedeuse á corta e retirada dos pés chasqueados previamente así como á eliminación do exceso de madeira morta localizada na canle e na zona de dominio público hidráulico e cuxa presenza dificultaba tanto a pesca como o seu uso por parte dos visitantes que se achegan ata o paseo fluvial próximo.
A actuación permitiu unha notable mellora na vexetación de ribeira e da situación ecolóxica da zona, ao tempo que tamén contribuíu a facilitar o uso público e a actividade da pesca fluvial neste tramo, que forma parte do couto troiteiro de Soutomaior.
Por outra banda, a conselleira avanzou que o vindeiro outono o seu departamento ten previsto levar a cabo outra actuación na mesma zona. En concreto, explicou que o proxecto consistirá en acondicionar a ponte colgante sobre o río Verdugo para reforzar a seguridade así como na execución doutras labores de mantemento.
Esta intervención está enmarcada dentro do proxecto Mil Ríos, unha iniciativa impulsada polo departamento de Medio Ambiente no ano 2022 cun orzamento global de 5 millóns de euros procedentes dos fondos europeos NextGenerationUE que busca mellorar a situacións dos cursos fluviais galegos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará