Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local resta importancia á decisión de Facenda de incluir Redondela no Mecanismo de Pago a provedores

pago provedores

Aseguran que a inclusión do concello de Redondela no Mecanismo de Pago a proveedores por parte do Ministerio de Facenda non significa en ningún caso que o Concello estea intervido e responsabilizan da situación “ao incumprimento do período de pago derivado dun problema informático que provocou o atraso na contabilización de gastos”. A alcaldesa Digna Rivas critica ao PP “por xerar unha alarma innecesaria entre a veciñanza e os provedores”. Dende AER o edil, Roberto Villar denuncia a “intoxicación mediática” por parte dos populares “que só busca entorpecer o traballo do goberno municipal”.

Desde o departamento de Intervención explican que o Concello de Redondela foi adherido ao Mecanismo de Pago a Provedores por incumprir o período medio de pago nas últimas remisións de información ao Ministerio pero xustifican este incumprimento “debido ao atraso acumulado na contabilización de gastos durante o ano 2023 motivado por problemas graves na aplicación informática de xestión contable no último semestre do ano”. Aseguran que a situación debería normalizarse unha vez que o pleno aprobou o pasado 6 de xuño de 2024 unha modificación orzamentaria con cargo ao remanente de tesouraría do ano 2023 “que permitirá afrontar paulatinamente as facturas pendentes” e anuncian que o calendario de pagos establecerase a partires da próxima semana.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Engade a alcaldesa que “malia o que torticeiramente interpreta o Partido Popular non se recolle ningunha resolución do Ministerio de Facenda para intervir o concello de Redondela” e que o único que fai o Ministerio de Facenda é “comunicar a apertura do prazo para a solicitude de liquidez ao Fondo de Financiamento para as Entidades Locais”. A medida non supón insiste “nin a intervención do Concello nin asumir o pago a provedores”. A rexedora lamenta que o PP estea a facer oposición “xerando unha alarma innecesaria con informacións que non se axustan á realidade”.

O que permite o Ministerio con este trámite é diferir até o 30 de decembro os pagos do préstamo recibido para contar con liquidez “é unha medida para inxectar tesouraría para reducir os períodos medios de pago”. Asegura a alcaldesa que a situación económica do concello non sería preocupante “o goberno local conseguiu levar a 0 a débeda pública do Concello e a tesourería municipal está saneada e cun remanente positivo de 3.693.948 euros”.

Pola súa banda, dende AER o concelleiro Roberto Villar, denuncia a “intoxicación mediática” por parte dos populares “que só busca entorpecer o traballo do goberno municipal”. O edil explica que esta “desinformación” fixo que varios provedores chamasen ao Concello para deixar de subministrar material. Esta falsa alarma “pon en perigo os traballos e arranxos que son necesarios realizar no municipio”. Recoñece que hai atrasos nos pagos nalgunhas áreas pero insite en que “todos os traballos e servizos que se realizan para o Concello serán remunerados”.

Roberto Villar, AER

O concelleiro sinala que “foi tal a desinformación provocada polo PP que traballadores municipais foron preguntados na rúa por se cobraban os seus salarios, cando non existe ningún problema e todas as nóminas dos empregados do Concello se están a pagar puntualmente”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará