Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Seis nadadores de Redondela convocados para o Campionato Galego de Verán

449479854_1244755570207603_8716448462904670328_n

A piscina municipal Rosario Dueñas reunirá esta fin de semana en Ourense os máis destacados deportistas da natación en toda a comunidade, coa disputa do Campionato Galego de Natación Absoluto e Júnior – Xunta de Galicia. O Club de Natación de Redondela terá representación a través de tres nadadores e tres nadadoras que competirán do 5 ao 7 de xullo en distintas modalidades.

En canto á planificación; nas sesións de mañá disputaranse o Campionato Galego Júnior e as eliminatorias do Campionato Galego Absoluto, e nas sesións de tarde desenvolveranse as finais do Campionato Galego Absoluto. Concretamente participan os redondeláns:

  • Paulo Gunche: 200 metros estilos, 100 metros costas, 50 metros bolboreta e 50 metros costas.
  • Jorge Amoedo Cabaleiro: 200 metros costas, en 100 metros costa, 50 metros bolboreta e 50 metros costas.
  • Martín González : 50 metros libres, 50 metros braza, 100 metros libres e 200 metros libres.
  • Carla Doval Castro: 50 metros libres, 50 metros braza, 100 metros libres e 50 bolboreta.
  • Julia Alfaya Rafael: 50 metros libres, 100 metros costas, 50 metros bolboreta e 50 metros costas.
  • Sabela Gunche Barreiro: 50 metros libres, 100 metros costas, 50 metros bolboreta e 50 metros costas.

O campionato está organizado por Club Natación Pavillón Ourense da man da Federación Galega de Natación, coa colaboración do Concello de Ourense, o Consello Municipal de Deportes, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, a Fundación Deporte Galego e o Inorde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará