Os datos facilitados pola Consellería de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia constatan que o paro baixou en Soutomaior no pasado mes ata as 415 persoas. Con respecto ao mes anterior, supón unha baixada de 27 persoas, é dicir, un descenso do 6,1%. Con respecto a xuño de2023, en Soutomaior hai 22 persoas menos desempregadas.
Dende o goberno local apunta que este resultado é froito dun traballos continuo realizado dende o grupo de goberno cun contacto constante cos sectores económicos para coñecer as súas necesidades e abrir vías de colaboración.
Apuntan tamén que a próxima contratación dun orientador ou orientadora laboral que se incorporará ao Centro de Benestar Integrado a partir de setembro, facilitará que un maior número de veciños e veciñas poidan atopar un emprego. Así mesmo, o alcalde Manu Lourenzo salientou que o Goberno segue dando pasos co arquitecto e urbanista Xabier Rivas Barreiro cara ao desenvolvemento do ‘ecoparque’ comercial e empresarial na Montesiña, que será “un antes e un despois para Soutomaior, tanto polo desenvolvemento económico como social que suporá para o noso municipio”.