Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Éxito do Club de Natación de Redondela no campionato galego de verán

450350605_1247746893241804_1267258564764493127_n

A piscina municipal Rosario Dueñas reuniu esta fin de semana en Ourense os máis destacados deportistas da natación en toda a comunidade, coa disputa do Campionato Galego de Natación Absoluto e Júnior – Xunta de Galicia. O Club de Natación de Redondela estivo representado por 6 nadadores de distintas modalidades que superaron as súas propias marcas e acadaron resultados moi positivos entre os que se inclúen un bronce e dous galardóns “de chocolate” ou cuarto posto.

Durante este campionato galego os s nadadores e nadadoras de Redondela obtiveron os seguintes resultados:

•Martín González:

5º posto 50 libres junior 1 (26”12)

5º posto 50 braza junior 1 (34”17)

Bronce en 100 libres junior 1 (57”25)

4º posto ou Chocolate en 200 libres junior 1 (2’08”28)

Récord do club P50 200 libres (2’08”28)

•Paulo Gunche:

5º posto 200 estilos junior 2 (2’20”44); Q FINAL B: 10º absoluto (2’19”17)

Récord do club P50 200 estilos (2’19”17)

5º posto 100 costas junior 2 (1’03”77); Q FINAL B: 9º absoluto (1’02”55)

7ºposto 50 junior 2 (29”98)

9º posto 50 bolboreta junior 2 (28”07)

•Jorge Amoedo:

5º posto 200 costas junior 1 (2’33”24)

6º posto 100 costas junior 1 (1’09”54)

6º posto 50 costas junior 1 (31”80)

6º posto 50 bolboreta junior 1 (31”71)

•Carla Doval:

4º posto ou Chocolate en 50 libres junior 1 (29”90)

9ª posto 50 braza junior 1 (39”12)

7ª posto 100 libres junior 1 (1’05”42)

8ª posto 50 bolboreta junior 1 (34”58)

•Julia Alfaya:

49ª posto 50 libres absoluta (31”58)

27ª posto 100 costas absoluta (1’19”04)

21ª posto 50 costas absoluta (34”97)

•Sabela Gunche:

26ª psoto 50 libres absoluta (30”02)

13ª posto 100 costas absoluta (1’14”07); Q FINAL B: 16ª absoluta (1’15”25)

14ª posto 50 costas absoluta (33”43); Q FINAL B: 16ª absoluta (33”66)

18ª posto 50 bolboreta absoluta (31”67)

Dende a directiva sinalan que “este ano aprecian grandes melloras nos tempos dalgúns dos seus nadadores dando esperanzas para afrontar a seguinte tempada que conlevará drásticos cambios e na cal esperan que o equipo siga mellorando”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará