Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP critica o nomeamento de Leticia Gallego como coordinadora xeral da área de goberno en Redondela

Leticia-Gallego-e-Digna-Rivas-1-q4gvgntl58k1ouk4tkvu7wh1gzkwkq69tv1lbhhz0o

Digna Rivas vén de nomear a Leticia Gallego Sanromán como “secretaria – coordinadora xeral” da área de goberno no concello. Este nomeamento prodúcese despois da renuncia de Ingrid González, que ocupara este cargo nos meses previos. Para o partido popular este nomeamento supón “que o concello pase a estar fiscalizado polo PSOE vigués” e vén agravar a crise no goberno de Rivas que “arrastra xa cinco renuncias nas súas filas”.

A que fora parlamentaria autonómica Leticia Gallego asume esta responsabilidade logo de pasar tamén polo goberno de Abel Caballero “nun posto de máxima confianza do dirixente vigués”.

Para o partido popular este nomeamento viría significar que “o noso concello está sendo supervisado polo persoal posto polo partido da alcaldesa, unha situación inédita que amosa a total falta de confianza do PSOE na xestión de Digna Rivas, o que vai levar ao noso concello a estar fiscalizado e a depender das decisións que se tomen no seo do PSOE vigués”.

Os populares subliñan ademais que o goberno de Riva arrastra xa cinco renuncias nas súa filas “a de Ingrid González vén sumarse ás do concelleiro e secretario xeral do PSOE de Redondela Leonardo Cabaleiro, a concelleira Marta Alonso, a concelleira María Castro e a secretaria e coordinadora Mercedes López.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará