A parroquia de Vilar celebra este xoves día 11 de xullo as súas festas na honra a San Bieito con actividades relixiosas, animación infantil, música tradicional e verbena nocturna amenizada pola orquestra Metrópolis.
A xornada será madrugadora con misa xa a partir das 8:30 que se repetirá cada hora ata as 12:30 cando terá lugar a misa maior con saída de procesión acompañada da banda de Música de Redondela.
A sesión vermú será a unha do mediodía con concerto a cargo da citada banda e venda de polbo para repoñer forzas. Xa pola tarde haberá animación infantil con xogos populares e globoflexia e actuación do Mago Marco.
A música e o baile serán protagonistas a partir das 20:30 horas cos grupos de Baile moderno Falcatruada e a escola de baile Bambalina de Cabral. As nove actuarán os grupos de pandereteiras Follas Verdes e o grupo de gaitas Aluarado de Vilar e o grupo de gaitas Fillos D’Pile de Cabeiro.
A verbena, amenizada pola orquestra Metrópolis, arrancará ás dez da noite e a continuación a discoteca móbil DJ Anhell será a encargada do fin de festa.