Hoxe é Domingo 8 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil

material-escolar

Redondela ten aberto ata o vindeiro 31 de xullo o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros e material curricular destinadas a familias con nenos e nenas matriculados en centros públicos no segundo ciclo de Educación Infantil de Redondela (de 3 a 5 anos). O importe da subvención corresponderase co custe total de adquisición dos libros e o material escolar solicitado polo centro escolar ata unha cantidade máxima de 70 euros por vale.

O concelleiro de Ensino, Iván Valles, explica que estas axudas teñen por obxectivo establecer un réxime compensatorio para familias con carencias económicas “co fin de paliar os gastos que supón esta escolarización”. Entre os requisitos para optar a estas axudas establécense uns criterios económicos polos que a renda per cápita familiar debe ser igual ou inferior a 8.800 euros. O prazo de solicitudes remata o 31 de xullo. As solicitudes poden presentarse no rexistro do Concello ou na sede electrónica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará