Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Da Man presenta o festival solidario “Diarama”

WhatsApp Image 2024-07-09 at 18.10.41

Da Man organiza o I Festival Solidario Diarama este sábado 13 de xullo a partir das 20:00 horas no Brisa Chiringo, situado na Praia de Cesantes. O evento ten como eixe central á solidariedade, pero tamén a música coa participación das bandas locais Jay & Ther Smoking Machines, Cantatorrella, The Marveltons, Charly’s Devils e Marlom.

“Diarama” significa gracias no idioma Peul de Senegal. Unha palabra que escolleron dende a ONG polo seu traballo no país africano e a importancia da mesma que representa á perfección o sentimento de comunidade que levan por bandeira. O obxectivo do evento é recadar fondos para os distintos proxectos que desenvolven alí. Entre eles o mantemento dunha escola onde estudan máis de 120 rapaces e rapazas, a área sanitaria que desenrolan no terreo e os distintos casos urxentes nos que hai que actuar con máis celeridade. Destacan que “toda axuda é necesaria e hai moi bos resultados, gracias á oportunidade de ir a escola moitos deles incluso acaban accedendo á universidade”.

“A idea xurdiu no evento da cea anual que facemos coa ONG para atraer tamén a novas xeracións”, Maica.

Ademais dos proxectos fixos, como son o educativo e a medicina de familia ou xeral, tamén traballan en outros que se van ampliando cada ano. Axudan a levar auga potable ou puntos de luz a poboados que non teñen e tamén introduciron a odontoloxía. Teresa, odontóloga de Redondela, explica que “alí a sanidade é privada e hai cirurxías ás que non pode optar todo o mundo, coñecemos casos moi graves”.

“O proxecto Ollos axuda a persoas con problemas de visión no que tamén traballamos”, Tere.

O máis importante da organización deste evento é a axuda humanitaria, pero tamén garanten pasar un bo rato bailando e cantando coas bandas locais. Haberá tamén comida doada polo comercio do municipio e persoas voluntarias que quixeron aportar como A Garina, Panadaría Cruceiro, Frigolouro, A Casa da Boa Carne ou A Maquia. Tamén estará a disposición do público o stand de artesanía de Da Man, feita con teas senegalesas con estampados coloridos e vibrantes.

“Haberá bocadillos e outro tipo de picoteo con opción vexetariana”, Lolechu e Maica.

Agradecen a colaboración de “ Chopi do Brisa e de todas as persoas que fixeron posible este festival”, sobre todo tendo en conta que van cambiar a disposición do local con mesas fora na terraza e cadeiras para quen precise ou queira sentar. Engaden que os concertos rematan sobre ás 00:30 horas, pero “para os mas festeiros pode seguir a carallada ata peche de portas”.

“A festa vai a continuar ao remate dos concertos”, Lolechu e Maica.

O éxito é palpable, pois quedan moi poucas entradas que se poden adquirir na Copistería Copy a 8 euros anticipada ou na billeteira a 10 euro , onde gardan algunha para as persoas que se animen no último momento.

Entrevista completa.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará