Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O punto limpo móbil chega a Chapela para favorecer a reciclaxe de proximidade

punto limpo mobil

O punto limpo itinerante do Concello estará ata o 21 de xullo na parroquia de Chapela. Esta semana esta situado no aparcadoiro público da rúa Manuel Rodríguez Casal. A partir do día 15 situarase no estacionamento do pavillón de Chapela. O goberno local fai un balance moi positivo do uso que a veciñanza está a dar a este punto limpo, xa que nas dúas semanas que estivo na praza do Concello recolléronse multitude de aparellos eléctricos, material informático, botes de pintura e centos de CD’s, entre outros residuos.

O punto limpo móbil percorrerá todas as parroquias do noso Concello para facilitar á veciñanza a reciclaxe do lixo que non pode depositarse nos colectores comúns. Poden depositarse material informático, pilas e baterías, móbiles ou tabletas, cargadores, xoguetes, aerosois ou botes de pintura, entre outros residuos. Xa está a disposición da veciñanza na parroquia de Chapela, onde

permanecerá ata o 21 de xullo. Esta semana esta situado no aparcadoiro público da rúa Manuel Rodríguez Casal, nas proximidades da alameda Rosalía de Castro. A partir do luns día 15 situarase noutro emprazamento da parroquia, no estacionamento do pavillón municipal Manuel González Soto.

O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, explica que se depositaron “máis de 300 CD’s e DVD’s, dous colectores cheos de material informático, outro de restos de pinturas, e ducias de móbiles e cargadores, entre outros residuos”. O obxectivo deste novo servizo é “facilitar á veciñanza a reciclaxe de diferentes tipos de lixo que non debe de ir aos colectores da rúa”, O edil engade que “é importante separar ben os residuos, polo que en caso de dúbida é mellor consultar nos teléfonos de información”. Trátase dun servizo gratuíto para a veciñanza “pero de grande importancia para ter cada vez unha Redondela máis limpa, polo que é fundamental contar coa colaboración de todos e todas”, sinala a alcaldesa Digna Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará