O Concello de Redondela retransmitirá nas pantallas dos pavillóns municipais da Marisma e o Manuel González Soto de Chapela a fina da Eurocopa entre España e Inglaterra a partir das 21.00 horas do domingo.
Os afeccionados poderán gozar da final a través das pantallas dos marcadores dos pavillóns, xa que a previsión de chuvia desaconsella facelo ao aire libre. O acceso será libre e gratuíto e deste xeito “toda a cidadanía poderá vivir de maneira colectiva este día histórico para o deporte, no que a selección loitará por conquistar a súa cuarta Eurocopa”.
Aprazado o concerto de Abeleiras
O concerto de música tradicional do grupo Abeleiras, previsto na programación cultural de verán para este domingo día 14 ás 22.00 horas na Praza da Casa da Torre, aprázase para outradata aínda por confirmar.