Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As redondelás María Figueroa e Naiara Martínez incorpóranse As Celtas

Foto portada

Naiara e María, fotos de Ainhoa González

As Celtas comezarán a súa andaina na cuarta categoría do fútbol feminino español, na Terceira Federación ocupando a praza que ocupaba ata a semana pasada o Mos. Ademais, faise cargo tamén da súa filial en Segunda Autonómica e contará con dous equipos na base: un infantil e un cadete. Unha boa parte da base destes equipos procede o propio Mos.

A defensa María Figueroa e a gardameta Naiara Martínez incorpórense ao primeiro equipo feminino do Celta de Vigo que estará dirixido pola adestradora da Selección Galega Vicky Vázquez e que ten o obxectivo de manter un camiño de ascenso para chegar a elite do fútbol español .

A defensa María Figueroa Rodríguez (13 de setembro do 2002) comezou a súa traxectoria deportiva con tan só 3 anos no Grupo Casa Paco 81, pasando tamén polo CD Choco en categorías base ata cadete. Conta cunha extensa carreira militando en diferentes equipos como o Atlántida de Matamá durante a tempada 18/19, o Viaxes Interrías na 19/20, no Deportivo Abanca na 20/21 e 21/22, no Sárdoma CF na tempada 22/23 e, finalmente, regresou ao Viaxes Interrías o ano pasado. María conta cunha importante traxectoria no fútbol profesional chegando a debutar na Primeira División Feminina co Deportivo na tempada 2020/21 e disputar a Copa da Raíña co Viaxes Interrías a campaña pasada. Considera que “a súa paixón polo fútbol non é casualidade porque na súa familia son moi afeccionado”.

“Meu pai e o meu irmán xogaban ao fútbol, polo que casualidade non pode ser”, María.

Naiara Martínez Fernández (3 de abril de 2007) será a nova porteira do conxunto celeste. Empezou a interesarse polo fútbol tras ver un partido do seu ídolo Iker Casillas e agora, como porteira, o seu referente é Sandra Paños. Tamén comezou xogando en equipos locais de Redondela como o Casa Paco e o CD Choco,  pasando polo Valmiñor e rematando no Lóstrego de Gondomar co que xoga en Terceira Federación FUTFEM. Este último club, que deixa para incorporarse As Celtas, destaca por ser considerado como “o maior club de fútbol feminino de Galicia”, xa que só conta exclusivamente con deportistas en categoría feminina. Cunha traxectoria profesional prometedora, Naiara formou parte da Selección de Vigo Sub-12 e Sub-14. Ademais, xogou coa Selección galega Sub-15 e Sub-17.

“No Lóstrego aprendín moito sobre o deporte pero tamén crecín como persoa”, Naiara.

Ambas futbolistas consideran que “o fútbol feminino está nun momento histórico”. A gardameta apunta que “este aínda ten moito por percorrer para chegar ao nivel do masculino, pero que vai por bo camiño” e gracias a última vitoria no mundial por parte das mulleres da selección “cada vez hai máis rapazas interesadas”.

“Entendo que o fútbol masculino ten máis historia, pero o feminino vai seguir crecendo”, Naiara.

Pola súa banda, María sinala a que “o éxito do fútbol feminino é evidente”. Síntese arroupada pola súa contorna e nota un ambiente de ilusión con este novo proxecto.  “Para min é un orgullo e algo importante que os nenos e nenas pequenas coñezan os nomes de xogadoras de fútbol profesional, algo que antes non pasaba”.

“As persoas implicadas en As Celtas están aquí con cariño e paixón e son verdadeiros profesionais que van a facer o seu traballo dende o corazón”. 

María Figueroa e Naiara Martínez súmanse a unha lista de xogadoras oficializadas na que estaban ata o de agora Ana Toubes, Lara Martínez, Paula González, Paula Lorenzo, Elena Pérez, María Calvar, Noe Pereira e Noa García. Un proxecto que dende a directiva do Celta, a presidenta Marián Mouriño, entende como “diferente, ilusionante e autónomo”.

Entrevista completa con María Figueroa para Radio Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará