Hoxe é Domingo 8 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sesenta alumnos do Programa Integrado de Emprego de Redondela xa atoparon traballo

obradoiro

O programa conta con 100 participantes e ten unha duración dun ano, de xaneiro a decembro. A día de hoxe, e cando aínda falta cinco meses para o seu remate, sesenta dos cen participantes xa atoparon un traballo.

O programa integrado de Emprego do Concello de Redondela comezou a súa andadura o pasado mes de xaneiro e rematará en decembro, pero cinco meses antes da súa finalización xa arroxa unhas cifras de ocupación moi positivas. “O programa conta con 100 participantes e a día de hoxe xa son 60 os que teñen traballo, polo que todo apunta a que o resultado de aquí a final será todo un éxito”, sinala a alcaldesa Digna Rivas. Estes programas céntranse en promover a inserción laboral e a mellora da empregabilidade de 100 demandantes de emprego de Redondela. Desde xaneiro realizáronse multitude de actividades formando aos participantes en competencias dixitais, preparación de entrevistas, atención ao cliente, manipulación de alimentos e xestión de almacén, entre outras actividades.

Digna Rivas, alcaldesa Redondela

Todos os demandantes de emprego recibiron orientación laboral personalizada, 22 deles realizaron prácticas en empresas, tramitáronse máis de 130 ofertas, e a día de hoxe xa hai 60 persoas traballando, segundo explican dende o Concello.

O Programa Integrado de Emprego está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Servizo Público de Emprego Estatal co cofinanciamento do Concello de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará