Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Illa e o Meirande, dous espazos unidos pola historia, a cultura e o turismo

illa san simón

A Asociación cultural e deportiva de Rande organiza unha visita cultural que permite aos participantes coñecer a historia que rodea á Batalla Naval de Rande de 1702, navegar pola enseada e achegarse a un espazo tan emblemático como a Illa de San Simón. A cita é o sábado 20 en horario de tarde. 

Cun total de cen prazas, son tan só catro as entradas que aínda quedan baleiras para unha saída que terá lugar o sábado 20 en horario de tarde e que xa se realizou no pasado mes de abril “de feito, foron moitas as persoas que quedaron fóra, motivo polo que decidimos volver organizar esta visita guiada e comentada”.

María Rita Troncoso, ADC Rande

A xornada arrancará ás 15:30 cunha recepción no meirande. A continuación os particpantes embarcarán para iniciar o percorrido pola enseada e visita á Illa onde se lle dan as explicacións pertinentes. Logo de coñecer a interesante e dramática historia que agocha San Simón, o barco regresa a terra onde se fai unha parada no Centro de interpretación da batalla con actuacións teatralizadas “pensadas para público familiar”.

Unha actividade que permite sensibilizar e concienciar á cidadanía da riqueza histórica deste lugar que foi escenario da batalla que enfrontou ás escuadras hispanofrancesas e angloholandesa durante a Guerra de Sucesión española o 23 de outubro de 1702, así como gozar dun paseo en barco e visitar un espazo tan emblemático como é a Illa de San Simón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará