Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela demostra o dominio do seu mar

451424409_1012947170836567_4948849067315012287_n

Foto de MAChremo

O paseo de Cardona recibiu este sábado todas as embarcacións da Liga Galega de Traiñeiras para celebrar IX Bandeira Feminina Concello de Redondela e a V Bandeira Chapela Concello de Redondela da Liga A, organizadas polo Club de Remo Chapela coa colaboración do Concello, ás que hai que engadir a II Bandeira Chapela Wofco da Liga B.

Na liga Feminina Chapela gañou na casa a súa segunda bandeira sacándolle máis dun minuto a Cesantes, o único rival que lle segue o paso. Uns resultados similares á anterior xornada que deu inicio a tempada e na que entraron na meta de terceiras Perillo, seguidas de Rianxo,

A bandeira masculina foi para Ares que superou en 5 segundos á embarcación anfitrioa de Chapela que estivo moi preto do primeiro posto e demostrou o seu coñecemento das augas de Arealonga. No terceiro posto sitúase Tirán e no cuarto Castropol, dúas embarcacións tamén moi potentes nesta tempada.

Na liga B e Cedeira superou a Proba, o que deixa aos dous equipos empatados a 11 puntos na clasificación. Chapela entrou na terceira posición e Riveira foi cuarto.

Os participantes nas tres probas fixeron fronte a un percorrido de tres millas náuticas, algo máis de 5.550 metros, con catro longos. Entre as tres bandeiras repartironse 19.000 euros en premios, correspondendo 4.000 á II Bandeira Chapela Wofco da Liga B, 6.000 na IX Bandeira Feminina Concello de Redondela da Liga F e 9.000 na V Bandeira Chapela Concello de Redondela da Liga A.

O concelleiro de Deportes, Iván Vallés, destacou na presentación destas bandeiras de remo que Redondela “é o único municipio que compite en todas as categorías da liga Galega, e o que conta con máis embarcacións, un total de cinco”. Pola súa banda, o presidente do CR Chapela, Antonio Viaño, cualificou de “excepcional” a tripla cita da fin de semana, un encontro con 25 traiñeiras e máis de 450 remeiros e remeiras que so se repite na Coruña e durante os play-off.

Fotos das remeiras de Chapela e Cesantes por Remeirando e MAChremo.

Fotos das embarcacións masculinas de Chapela e Cesantes por Remeirando.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará