Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nerea Lago Pires do CAR campioa galega en Triple Salto

450990016_122128867844306175_3279524949786411459_n

A última proba da tempada tivo lugar esta fin de semana nas pistas Universitarias de Santiago de Compostela, sede do Campionato Xunta de Galicia Sub20, coa participación dos mellores atletas da comunidade. Alí estivo presente Nerea Lago Pires do Club de Atletismo de Redondela quen acadou un dobre podium. Por un lado, proclamouse campioa galega en Triple Salto (PB 10,72) e por outro, subcampioa galega en Salto de altura (1’49).

Dende a directiva salientan os bos resultados dos deportistas do club e anuncian a apertura do prazo de inscrición para a próxima tempada. Para máis información e reservas poñen a disposición o enderezo car.redondela@gmail.com e o teléfono 676 87 82 61.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará