Os traballos de ampliación e mellora na estrada do Torreiro en Chapela obrigarán a cortar este vial ao tráfico nas inmediacións da Igrexa de San Fausto. O corte realizarase este martes, día 16, e segundo a empresa responsable dos traballos prolongarase durante toda a semana. As obras suporán tamén o corte da pasarela elevada peonil que cruza a autoestrada a partires do luns, día 15.
Esta actuación de mellora na estrada que da acceso a Igrexa a máis ao Multiúsos da parroquia forma parte dos traballos de reposición viaria de Chapela que está a acometer a empresa Audasa pola ampliación da AP-9.