Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación terá que abonar 350.000 euros a Soutomaior

concello-soutomaior-pz90fvwlz65okijfgv1quedpf26ns00fzb3pv32v0o

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) obriga ao organismo provincial a abonar a Soutomaior 350.000 euros correspondentes aos fondos REACPON do ano 2021, unha vez que rexeita o recurso que a Deputación de Pontevedra presentou o 28 de febreiro deste ano para evitar ter que pagar dita cantidade.

Os fondos REACPON, explican dende o goberno local de Soutomaior, foron un programa lanzado polo anterior goberno da Deputación co obxectivo de dotar aos concellos con subvencións para levar a cabo diversas obras e actuacións.

No ano 2021, Soutomaior quedou fóra destas axudas que si lle foron outorgadas a 55 concello da provincia.  O actual goberno da Deputación mantivo o mesmo criterio para non ter que pagar os cartos solicitados por Soutomaior.

Malia que un tribunal de Pontevedra sentenciase o 5 de febreiro deste ano que a institución provincial tiña que devolver eses fondos a Soutomaior, o Goberno do PP de Pontevedra presentou a finais de febreiro un recurso ante o TSXG para intentar evitar o abono da cantidade solicitada. Os maxistrados do TSXG dan a razón aos servizos xurídicos municipais e desbotan o recurso polo que a Deputación terá que facer fronte ao pago.

O alcalde Manu Lourenzo agradece o traballo realizado polos servizos xurídicos do concello e agarda que “a Deputación de Pontevedra cese na xudicialización deste proceso e permita que Soutomaior poida contar canto antes con estes 350.000 euros”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará