Hoxe é Xoves 19 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Luciano Otero xustifica a contratación dunha empresa externa para realizar traballos de roza

pazos

O alcalde de Pazos de Borbén desminte as cifras denunciadas polo BNG da localidade quen asegurara que a empresa privada encargada de realizar estes traballos cobraba 75 euros a hora “cando o custe real foi de 15,62 euros”. Otero xustifica a contratación desta empresa porque “o anterior goberno do PP deixou o concello con apenas dous operarios para os últimos cinco meses do ano”.

Argumenta o alcalde de Pazos que a empresa mencionada por voceiro do BNG, Xurxo P. Besadío, “facturou ao Concello no mes de xaneiro 4.997,40 euros máis IVA por 320 horas de traballos en rozas, limpeza, etc…, resultando a hora de traballo da empresa a 15,62€, cantidade que dista moito dos 75 euros que afirma o nacionalista”. Engade que a contratación da empresa externa realizouse unicamente debido a que o anterior goberno do PP deixou ao Concello con apenas dous operarios para os últimos cinco meses do ano, totalmente insuficientes para manter uns servizos mínimos.

Outra das acusacións de Pardo menciona a contratación dunha empresa contable que, segundo el, retrasou os pagos no canto de axilizalos. “Esta afirmación tamén é falsa: en xullo de 2023, ao asumir o goberno de Luciano Otero, o período medio de pago do Concello de Pazos de Borbén era de 70 días. No primeiro trimestre de 2024, este período reduciuse a 32 días, con previsións de continuar mellorando ese período.

Luciano Otero lamenta que “os partidos que se din progresistas estean aliñados co PP no seu intento de tombar o goberno do cambio que tanto custou acadar. Respectamos que non se sumaran a traballar para mellorar o noso concello dende o goberno e acepto as críticas construtivas. Pero o que non tolero é a mentira e o engano que buscan desacreditar a un goberno que o está a facer ben, malia os paus que nos poñen nas rodas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará