Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unión das Comunidades de Montes para recuperar A Peneda

monte peneda

As comunidades de Montes de O Viso, Arcade de Riba e Alxán de Abaixo unen forzas para conservar, protexer e recuperar un enclave tan simbólico como é o Monte da Peneda. Tres Comunidades que traballan conxuntamente con actuacións tan diversas como a retirada de acacias, a plantación de árbores autóctonas e a procura de financiamento e colaboración por parte das institucións, dende a Deputación pasando polos concellos de Soutomaior e Redondela.

As tres comunidades implicadas salientan que este monte constitúe unha área de importante valor patrimonial, cultural e social na comarca, con elementos tan singulares como a Ermida da Peneda, os restos da fortaleza de Castrizán, a sobreira catalogada pola Xunta de Galicia como árbore senlleira, testemuñas de restos castrexos, camiño vello de subida ao alto do monte, restos de canteiras artesanais e unha interesante cova que se adentra no corazón da montaña. Un espazo de interese cultural con celebracións como e a Festa dos Fachos ou a celebración da Romaría da Virxe da Peneda ao que hai que engadir o seu valor paisaxístico e ambiental.

A necesidade de poñer en valor todos estes elementos mobilizaron ás tres comunidades de montes en man común que aglutinan a maioría da propiedade deste interesante monte: Arcade de Riba, Alxán de Abaixo e O Viso.

Xosé Covelo, Comunidade de Montes do Viso

Ata o momento a liña principal de acción pasou por definir conxuntamente un “Plan de recuperación e restauración ambiental e cultural do monte da Peneda” que sirva de guía dos traballos necesarios ao longo dos vindeiros anos, pero sobre todo, que sexa a base para recabar apoios e fontes de financiamento para sufragar esta recuperación. Nos últimos tempos xa se levan realizado diversos traballos, como son rozas para reducir o risco de incendios, eliminación de elementos indesexados no entorno da árbore senlleira, plantacións de frondosas autóctonas na base do monte ou a corta e control de zonas con eucalipto e acacias. Actualmente acábase de instalar un panel explicativo dos valores da sobreira da Peneda como árbore senlleira que contou cunha axuda da Consellería de Medio Ambiente, a cal tamén comprende traballos de roza no entorno da árbore para reducir o risco de danos en caso de incendio.

Este traballo realizarase nos vindeiros días, de igual xeito que o rareo do rexenerado de piñeiro que se atopa na base da Peneda e a corta e eliminación de pés de acacia negra.

Por un lado, procedeuse coa petición á Deputación de Pontevedra da substitución dos quitamedos actuais por uns en madeira respetuosos cos motoristas e máis acordes co valor ambiental e cultural deste monte e realizáronse reunións cons concellos de Redondela e Soutomaior para acadar posibles vías de financiamento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará