Hoxe é Domingo 8 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pescadores e mariscadoras de Arcade solicitan á Xunta que convoque eleccións na Confraría

confraría

Máis de 100 persoas vinculadas á Confraría de Pescadores de Arcade trasladaron á Consellería do Mar un escrito no que esixen eleccións anticipadas co obxectivo de renovar canto antes a xunta directiva da entidade. A petición chega despois dos numerosos enfrontamentos non seo da Confraría que se teñen vivido nos últimos meses.

A petición ten como fin “revogar o mandato dos actuais órganos de goberno da entidade e posibilitar a elección de novos órganos de goberno”. Os seus promotores apuntan a varios motivos, entre eles que a actual xestión está a dirixir á Confraría a “un precipicio financeiro do que dificilmente poderá saír”. Afirman que a entidade “entrou nunha dinámica produtiva e económica negativa” asegurando que o equipo que agora a coordina prioriza “os seus caprichos e vendetas persoais en lugar de atender ao ben común da Confraría e dos seus socios”.

Entre outras cuestións subliñan os incrementos que teñen sufrido os socios que o ano pasado pagaban 50 euros máis unha taxa do 9% sobre os seus beneficios e que hoxe teñen que afrontar un pago anual que ascende a 240 euros.

Tal e como xa denunciara non seu día a presidenta da asociación das mariscadoras, Rita Míguez os problemas serían varios “a prohibición de uso dunha embarcación para as mariscadoras, a imposición de cotas extraordinarias arbitrarias e sen xustificación de ningún tipo, o acoso contra as voces discrepantes, a apertura masiva de expediente sancionadores contra decenas de socios, ou o abandono total de medidas de recuperación que melloren a produción dos bancos marisqueiros”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará