Phantom Club chega a Redondela na súa mini xira anual por Galicia, no que será un dos dous únicos concertos que darán en 2024. A banda de funk toca dentro do ciclo Blues and Rías no Brisa Chiringo na Praia de Cesantes con apertura de protas ás 21:30 horas.
Tras o éxito do primeiro concerto do ciclo de verán Blues And Rías, tócalle a quenda á banda viguesa Phantom Club que cumple 22 anos dende o seu nacemento e que acumula unha traxectoria de éxito imparable gracias ao seu espectacular directo e a pesar de ter só dous discos lanzados. A banda de funky-rock está fundada por dous arxentinos (Frans Bánfield e Juan Manuel Ons) e cinco músicos galegos nados en Tui (Nena Seila, Charlie Hermida, Brian Moure, Paco Juncal e Víctor Franco) os que este ano únese Tincho, arxentino afincando en México, para acompañalos ao piano. Non é fácil reunilos, porque moitos deles teñen proxectos propios independentes, pero cando se xuntan volve a maxia e a enerxía que os representa. Para o cantante, Frans, a música e o escenario “son ese primer gran amor que uno no quiere abandonar nunca”.
Na primeira década dos 2000, convertéronse nunha das bandas máis importantes de Galicia e unha referencia estatal do funk que lles levou a publicar o disco “Funksiona (2007) e o directo “Muchas noches, buenas gracias” (2011) no que colaboraron xente da talla de Ariel Rot ou Andy Chango. Decidiron descansar tamén da parte de composición, pero segundo Frans Bánfiel “non faltan ganas”, de momento podemos escoitar o seu traballo, no que cabe a improvisación e no que os músicos tamén van variando para facer algo “vibrante e fresco”, como no caso da colaboración do pianista arxentino Tincho.
O Brisa Chiringo acolle este concerto na praia, un marco idílico para unha banda que promete facer bailar a Redondela. As entradas poden comprarse directamente na billeteira do Brisa ou facer reserva a través de BIZUM ao número 634 896 123 e coma concepto “nome e apelidos” Unha vez recibido farase efectiva a reserva.