Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle a proxección de “Cine e cooperación” da man de Solidariedade Internacional Galicia

Captura de pantalla 2024-07-17 170218

Foto do equipo de Solidariedade Internacional Galicia

A ONG para o desenvolvemento “Solidariedade Internacional Galicia” presenta a iniciativa “Cine na rúa: Cine e cooperación. Unha ventá ao mundo” que se celebra en Redondela este xoves ás 19:30 horas na fachada principal do Concello.

Solidariedade Internacional Galicia promove unha cooperación internacional progresista, de vangarda e con capacidade de provocar cambios profundos que dignifiquen a vida das persoas, ao longo dos seus 20 anos de historia teñen posto en marcha máis de 60 proxectos de cooperación internacional en 15 países da man de 36 organizacións locais, traballan con máis de 7.500 estudantes galegos e abriron xa tres tendas de Comercio Xusto nas cidades de Ourense, Pontevedra e A Coruña.

Coa intención de divulgar o seu presentan en Redondela a iniciativa “Cine na rúa: Cine e cooperación. Unha ventá ao mundo” coa que proxectarán na fachada do Concello de Redondela curtametraxes enfocadas as accións máis recentes promovidas en Guatemala. María Paz, a directora da ONG, explica que “todas as curtas están feitas por persoas próximas ao noso traballo. Non queremos desvelar moito ata o día da estrea en Redondela, pero podemos confirmar que é para todos o públicos e que se tratarán temas crús e humanos, pero dende a sensibilidade”.

Para coñecer máis os seus programas de axuda humanitaria está dispoñible toda a información na páxina web https://solidaridadgalicia.org/ , pero máis aló da educación, a cooperación e o comercio xusto tamén traballan no primeiro Programa Galego de Acollida Temporal a mulleres defensoras de Dereitos Humanos que naceu este ano. O obxectivo é  que mulleres de organizacións e movementos sociais de países nos que a Cooperación Galega ten presenza poidan saír temporalmente do contexto de risco para a súa integridade física e psicolóxica no que se atopan, debido ao seu traballo como defensoras de dereitos. “É unha forma de que poidan descansar e volver con máis forza a súa misión. Agora mesmo están en Galicia Juana, Gabi e Caro”, sinala Paz. O programa forma parte do equipo xestor de Galicia Abriga, xunto con Solidariedade Internacional de Galicia e Ecos do Sur.

O xoves ás 19:30 horas Solidariedade Internacional Galicia e o Concello de Redondela ofrecen un espazo no que compartir inquedanzas sociais e reflexións colectivas a través da proxección de curtametraxes gracias á iniciativa «Cine na rúa: Cine e Cooperación. Unha ventá ao mundo.»  

Esta iniciativa é posible grazas ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, á colaboración do Concello de Redondela e ó financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará