Os grupos locais sóbense ao escenario este venres 19 ás 20:00 horas nun actividade de balde que terá lugar na praza da Casa da Torre enmarcada dentro da programación cultural do Concello de Redondela. O sábado a cita será na Alameda de Chapela coa XXVIII Festival de Bandas de Música. No caso de chuvia a actividade trasladarse ao Multiusos do Piñeiral.
O grupo Retroblues, banda veterana de músicos redondeláns, abrirá o concerto cos seus temas blues e rock. Logo será a quenda de Jay&The Smoking Machines, unha banda dedicada ao rock&roll en todas as súas vertentes, con ritmos exóticos e unha mestura de estilos. A banda está formada por Jay (Jeroen Mesker), cantante de blues de Amsterdam, ao que se suman os galegos Alberto López e Lui Perez, e teñen Redondela como base.
A banda de música de Chapela celebra o seu XXVIII Festival de Bandas
A Alameda Rosalía de Castro de Chapela acolle este sábado ás 20:00 horas unha nova edición dun festival de música que conta xa con 28 anos de historia. Este ano a banda convidada chega dende terras Canarias, concretamente dende Fuerteventura. Así, a Banda de Música Municipal de Pájara compartirá escenario coa Banda de Música de Chapela como formación anfitriona. Fai 15 días foi a Banda de Música de Chapela quen levou a súa Música a este municipio de Canarias
A Banda de Música de Chapela ven celebrando o Festival de Bandas dende a súa presentación, soamente interrompido unha edición pola pandemia do COVID, e en diferentes escenarios tanto na parroquia de Chapela como no centro da vila de Redondela. Dende hai 9 anos, este festival se organiza de forma conxunta co Concello de Redondela.
A previsión de mal tempo levou ao organizadores a anuncia que no caso de chuvia o Festivla celebrarase no Multiúsos do Piñeiral.