Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fornelos celebra a XX edición da Festa da Chanfaina

festa chanfaina

Unha carpa acollerá aos comensais que se achegarán este domingo a Fornelos a degustar uns pratos elaborados de xeito artesanal con carne de animais criados en liberdade, produtos que se poderán degustar no lugar acompañados de patacas fritidas e pan a prezos populares -entre os 5 e os 8 euros- ou levalos para casa.

Unha celebración gastronómica que reúne a centos de veciños e visitantes e que celebra este domingo a súa XX edición “máis que consolidada, abalada pola elevada calidade do produto e uns comensais que marchan sempre moi satisfeitos” explica dende a organización Cayetano Tamaño. De feito, achéganse a esta cita veciños do concello pero tamén visitantes chegados doutras localidades atraídos por unha cita festiva que ten na chafaina fornelense (chourizo tradicional acompañado de patacas e ovos fritidos) o seu prato estrela.

Durante todo o día haberá música coa agrupación musical Foula a partir das doce do mediodía, mentres que pola tarde a música correrá a cargo do trío Tic Tac, grupo encargado tamen do fin de festa.

Unha cita gastronómica organizada pola comisión de festas de San Lourenzo de Fornelos en colaboración co concello e que na xornada anterior, aproveitando a instalación da carpa, acolle unha numerosa quedada no campionato de tute que reúne a afeccionados de todas as idades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará