Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Amarturmar recupera as rutas do marisqueo a pé

amarturmar mariscar

A entidade de Redondela integrada por profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro continúa coa organización de actividades de turismo mariñeiro. Así, de cara as vindeiras semanas ofrecen un total de seis saída para coñecer de primeira man o marisqueo a pé. A primeira das citas este mesmo sábado día 20 ás 9:30 horas. Inscrición na oficina de Turismo, no teléfono 986 401713 ou no enderezo turismo@redondela.gal

A asociación de turismo mariñeiro retoma esta actividade que busca dar a coñecer o traballo que realizan as mulleres que desenvolven este oficio dándolle visibilidade a unha profesión artesanal ao tempo que ofrecer unha alternativa de ocio activo para veciños e visitantes. As rutas de Marisqueo a pé permite aos participante compartir unha xornada de traballo xunto ás mariscadoras extraendo moluscos e empregando a distintas ferramentas do oficio.

As rutas desenvolveranse en diferentes horarios –dependendo das mareas- os días 20, 25 e 31 de xullo. En agosto as datas previstas son os días 3, 10 e 24. O  prezo é de 15 euros público en xeral, doce euros nenos e nenas entre 3 e 6 anos e de balde para os menores desa idade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará