Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación continúa á espera de que o Concello de Pazos asine o convenio da EP-2702 entre Amoedo e Os Valos

alto dos valos

A Deputación de Pontevedra leva desde o mes de abril esperando a que o Concello de Pazos de Borbén aprobe o convenio para poder avanzar na mellora da estrada provincial EP-2702 entre Amoedo e Os Valos. A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, recordou que “o convenio remitiuse o 24 de abril ao Concello para a súa aprobación e, desde aquela, seguimos á espera de que nolo remita para poder avanzar nesta actuación na que imos investir un millón de euros”.
As obras, financiadas na súa totalidade con fondos da Deputación, “resolverán as deficiencias que presenta este viario atendendo a demanda histórica da veciñanza da zona” aseguran dende o organismo provincial. De feito, esta actuación levaba en punto morto desde abril do ano 2022, cando se fixeron os primeiros estudos, e tras resolver numerosas deficiencias arrastradas desde comezos do ano pasado, puido materializarse no convenio remitido en abril a Pazos de Borbén.
Esta estrada de dobre sentido presenta unha anchura insuficiente e carece de beiravías, así como un trazado con curvas moi pechadas que dificultan a circulación cómoda e segura. Ademais, o viario acolle tráfico pesado de camións porque comunica as instalacións industriais existentes nesta estrada coa N-550. O obxectivo das obras pasan pola ampliación da sección da estrada, dotándoa de carrís máis amplos e beiravías, así como melloras puntuais do trazado. Ademais, o proxecto contempla a renovación da capa de rodaxe e a execución da rede de augas pluviais e de abastecemento e tamén nova sinalización vertical e horizontal.
Mobilizacións
Unha resposta da Deputación que chega nun momento no que a plataforma pola mellora da Ep2702 está a intensificar as mobilizacións que se realizan tanto na propia estrada provincial como no Alto dos Valos afectando ao tráfico que circula entre Redondela e Mos. De feito esta mesma tarde está previsto un novo corte veciñal que terá lugar ás 19:00 horas na n-550 no cruce dos Valos.
A plataforma insiste en que a actuacións previstas pola Deputación non resolve os problemas da vía ao afectar exclusivamente a 1,5 kilómetros do seu trazado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará