Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A grúa retira 11 coches estacionados no recinto da feira

feira

Os condutores afectados terán que abonar 200 euros de multa (que se reduce a cen euros no caso de pronto pago) ao que hai que engadir os 59,80 que lles supón o servizo de grúa. Unha cantidade á que terán que facer fronte os propietarios dos 11 vehículos que foron retirados este domingo día 21 ao estaren aparcados no recinto onde se instalan os postos dos feirantes.

A coincidencia do día de feira cun domingo puido ser a responsable de que este 21 de xullo se incrementase notablemente o número de condutores que, malia a existencia de sinais que dan conta da prohibición de aparcar nesta zona os días 6 e 21 de casa mes pola celebración do mercado, se despistaran e esqueceran retirar o seu vehículo a tempo.

De feito, nos días de feira non adoitan ser máis de un ou dous os vehículos que son retirados pola grúa deste espazo, cantidade que este domingo se viu incrementada ata os 11 coches.

Os vehículos tiveron que ser retirados polo servizo de grúa producíndose ademais malestar entre algúns feirante que tiveron que esperar a que se levaran os coches para poderen instalar os seus postos de venta.

Con todo, a peor parte lévana os propietarios dos turismos que teñen que facer fronte cando menos a o pago de 159, 80 euros en concepto de multa máis o pago do servizo de grúa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará