Esta popular competición, organizada polo Club Redondela FS e o Concello de Redondela, chegou á final o sábado 20 de xullo, despois de 17 días de partidos emocionantes e sen maiores incidencias. A pesar do prognóstico de choiva continuou a programación sen cambios e os grandes vencedores foron La Quinta de Vigo en categoría sénior e os redondeláns Sanma na cadete.
Talleres Redomuro (Redondela) non o tivo fácil. Non conseguiron vencer a La Quinta e arrincarlle o posto de campión que acumulan por terceiro ano consecutivo nesta cmpetición. Os de Redondela quedaron de segundos, seguidos por Akelarre formados tamén por xogadores do municipio. Na categoría cadete os vencedores foron Sanma, seguidos de Chavules e Punta canteira, no segundo e terceiro posto respectivamente.
Dende a organización agradecen a toda a xente que aposta por este evento “que cada ano é máis complicado de organizar e vai crecendo” con centos de xogadores celebrando un día de convivencia e amizade na Pista da Xunqueira.