Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carla Santos: “Estamos aquí para pelexar e levar a nosa traiñeira o máis alto posible”

WhatsApp Image 2024-07-23 at 09.53.25

Carla Santos do CCD Cesantes confirma o obxectivo de crecemento na Liga Galega de Traiñeiras. A embarcación feminina do club debutou a tempada pasada acadando un meritorio cuarto posto na LGF. Este ano, con catro xornadas de liga disputadas ata o de agora, sitúanse xa no segundo lugar da clasificación xeral gracias a gañar a primeira bandeira da tempada esta fin de semana en Rianxo.

O sábado, as mozas de Cesantes-Amegrove-Cefycal deron o mellor de si mesmas e proclamáronse campioas na III Bandeira Feminina Concello de Rianxo, nunha regata sorprendente na que superaron con notable solvencia a Chapela-Wofco que foran as vencedoras nas dúas regatas anteriores. Para moitas das remeiras de Cesantes, explica Carla, “é a primeira bandeira que gañan”. Unha experiencia que sinala como “incríble” e que demostra “que podemos pelexar”.

“Ao gañar a bandeira estabamos eufóricas”, Carla Santos.

Unha das novidades desta nova tempada é o cambio de nome a “Cesantes-Amegrove-Cefycal” tras a incorporación de remeiras do Groveo ano pasado que completan a plantilla das de Cesantes. Son un total de 18 remeiras e cabe destacar que máis da metade do persoal feminino está conformado por remeiras menores de 25 anos, no que tamén hai lugar para veteranas. A grande aposta do CCD Cesantes sempre foi a canteira e así o demostran.

“Hai seis canteranas de Cesantes na embarcación”, Carla Santos.

O obxectivo que marcaran, de superar os resultados do ano anterior, vai por bo camiño. Queren seguir mellorando e saír ao mar o máximo posible, porque a formación comezou a adestrar en maio. A conciliación non foi sinxela, agora mesmo levan dous meses adestrando, seis días á semana cun descanso os xoves, pero gracias ao seu compañeirismo e a amizade que teñen entre elas conseguen compaxinar os horarios. “Estamos xa poñendo o obxectivo de gañar outra bandeira, pero sempre cos pés na terra e a cabeza fría para non tirar foguetes e estar centradas”, engade Carla.

“O obxectivo é seguir mellorando e traballar saíndo ao mar”, Carla Santos.

Cada vez hai máis mulleres interesadas no remo e a deportista redondelá entende que “o deporte feminino vai en ascenso”. Pon como exemplo o propio club de Cesantes que conseguiu sacar ao mar por primeira vez na historia unha embarcación sénior feminina despois de máis de 40 anos de existencia. “Este deporte é moi sufrido, pero ten un escenario espectacular como é a nosa Ría e se crea unha unión moi forte ao depender das túas compañeiras para que todo saia ben no mar”, conclúe Carla Santos.

“Cheame de orgullo formar parte desta embarcación”, Carla Santos.

A seguinte regata da LGF é o sábado 27 de xullo no Porto de Murgados onde tentarán levar para casa a VI Bandeira Feminina Reganosa e seguir escalando no podio que nestes momentos lidera Chapela-Wofco.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará