Hoxe é Domingo 8 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro en Redondela para aprender a construír con palés

caseta

A Fundación Formavigo organiza esta fin de semana dos días 27 e 28 un obradoiro de bioconstrución con recursos naturais e reutilizables como son os palés. As persoas participantes aprenderán a facer unha caseta ao longo das dúas xornadas do taller. A actividade é de balde pero compre inscrición previa no correo formacion@fundacionformavigo.com, no número de teléfono 60006 01 46 ou a través da páxina web https://fundacionformavigo.com .

As persoas participantes aprenderán a construír unha caseta de xardín de pequeno tamaño pero que logo poderán adaptar as medidas que precisen, a partir sempre de material reutilizable tal e como nos explicaba dende a Formavigo, Fernanda Couñago.

A partir dun material de construción como son os palés, deciden recuperar esta para construir dun xeito “sinxelo e económico” que poden servir para elaborar unha gran cantidade de mobles ou neste caso ir un paso máis e facer unha caseta que pode ser moi útil nun entorno rural. Proporcionaranse todos os materiais necesarios para a construción da caseta, pero si é recomendable que cada unha traia unhas luvas para protexer as mans.

O obradoiro desenvolverase o sábado 27 de 10:00 a 20:00 horas e o domingo 28 de 10:00 a 19:00 horas e levarase a cabo na horta comunitaria situada na estrada do Muro, 22 (detrás da nave de Mobles Domínguez).

A actividade contará con beca de asistencia para persoas desempregadas de 8€/día, ademais de ser totalmente subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

As persoas que o desexen poderán levar a súa comida e participar dun xantar compartido na propia horta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará