Hoxe é Domingo 8 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Última xornada de portas abertas do CD Cesantes

2023-07-26

O CD Cesantes comezou o luns a xornada de portas abertas coa intención de dar a coñecer o club e captar novos deportistas que teñan interese en incorporarse á base. O mércores 24 de xullo é o último día para apuntarse a esta actividade de balde, enfocada a nenos e nenas nados entre o 2008 e o 2016.

As actividades desenvolveranse no Campo Municipal de A Gándara (Camiño Gandara, 80, 36810 Redondela, Pontevedra) en horario de mañá, de 10:00 horas a 14:00 horas, tamén co obxectivo de facilitar a conciliación familiar durante as vacacións de verán. Dende a directiva sinalan que “as rapazas e rapaces que queiran achegarse só teñen que levar roupa deportiva, botas de fútbol ou zapatillas adecuadas e ganas de pásalo ben e desfrutar”.

Para calquera dúbida poñen a disposición o número 673 42 51 54 (Marcos) e o 636 17 42 74 (Tavo).

Tamén teñen aberto o prazo de inscrición para a nova tempada coa opción de facelo online a través do seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdDPScBHPAjvPBfroCbIl6ND1GSoqqE_z91YgGnmB8oqgG6aw/viewform

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará