Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un camión dáse á fuga tras un accidente en Quintela que deixa dous feridos

accidenta

O condutor tivo que ser liberado polos bombeiros tras colidir co seu coche contra un camión segundo informan dende o 112 Galicia. Tanto el como a súa acompañante, ferida leve, foron evacuados en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Un particular chamou ao 112 Galicia contra as 17:30 horas para alertar de que un coche acababa de colidir contra un camión no kilómetro 145 da N-550, entre Redondela e Mos nunha curva nas proximidades do tanatorio de Tanamañó. No momento do sinistro xa se informaba de que o condutor do turismo era incapaz de abrir a súa porta e que precisaba de asistencia sanitaria urxente.

Os Bombeiros do Porriño foron os encargado de liberar ao ferido que foi atendido polos servizos sanitarios así como o seu acomapañante que presentaba lesións máis leves. Ademais a Garda Civil de tráfico confirmou que o camión implicado no sinistro non se detivera no lugar.

Na zona interviron persoal de Urxencias Sanitarias do O-61, o servizo municipal de emerxencias de Mos, a Garda civil de tráfico así como a Policía Local e voluntarios de Protección Civil de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará