Unha cita comercial que terá lugar o venres 2 de agosto coincidindo co Festival de Artistas de Rúa. Un total de 40 comercios de todo tipo súmanse a este evento comercial ofrecendo descontos, promocións especiais e presentación de novos produtos así como sorteos e sorpresas nun horario especial. As tendas participantes estarán abertas ata a media noite nunha xornada estival para gozar da frescura das noites de verán mercando nos comercios locais.
Nesta edición son máis de 40 os comercios que participaran e entre eles atopamos tendas de moda e calzado, bisutería, xoiería, librarías e tendas de alimentación.
Nesta edición haberá ademais formatos especiais con tendas anfitrioas, que durante esta noite acollen a outras tendas ou negocios, un formato que “permite non so xerar sinerxías positivas entre distintas actividades comerciais senón que tamén permite a negocios con ubicación menos céntricas achegarse a vida comercial do Centro Comercial Aberto de Redondela” segundo explican dende a Asociación de empresarios de Redondela, promotora do evento.
Haberá tamén tendas efémeras con establecementos que sacan os seus produtos á rúa, concretamente a Praza da Casa da Torre “cinco tendas que se situarán ao aire libre onde mostrarán e interacturarán coa clientela na propia rúa”.
Por últimos haberá tendas con formato mixto, en referencia a aquelas tendas que se sitúan no seu emprazamento habitual pero que exporán na rúa a súa oferta comercial, de xeito que no interior poderemos atoparnos coas presentacións exclusivas das novas colección e no exterior haberá unha gran exposición de mercadorías rebaixadas de fin temporada, nas últimas e grandes rebaixas de verán.
A temática desta edición será a “Noite glamour” con sorpresas con moito luxo para sorprender aos clientes.