Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornadas folclóricas en Reboreda

asocición reboreda

O torreiro de Festas de Reboreda acolle esta fin de semana o encontro folclórico anual que contará con grupos de baile e música tradicional de Galicia e Asturias. O festival arrancará o sábado ás 21:00 horas coas actuacións do grupo asturiano Les Ayalguesd’Ayer de Cabanaquinta e o Trebón dos Xidos dende A Guarda, xunto co grupo anfitrión do Carballo das Cen Pólas.

O domingo 28 haberá sesión vermú a partir das doce do mediodía co Festival de Fin de Curso, onde actuarán as escolas do Carballo das Cen Pólas e o grupo convidado chegado dende Cerdedo (Cotobade) A.C. Afoutes do Canón de Pau.

Unha proposta cultural organizada pola Asociación Folclórica O Carballo das Cen Pólas coa colaboración do Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará