Hoxe é Domingo 8 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de inscrición para a IV carreira popular Infantil de Redondela

carreira-pu664h86f547d93zc4j03afuqwnravpj7c2cjn33pk

O Club de atletismo de Redondela e o Concello organizan a IV Carreira Popular Infantil para categorías inferiores que terá lugar o 7 de setembro ás 19:00 horas no centr da vila. A inscrición é de balde e o prazo está aberto  ata o 4 de setembro.

A competición, que espera superar o 300 participantes do ano pasado,  celebrarase nas rúas do centro da vila dando comezo ás 19:00 horas no Paseo Alfonso XII. Poderán competir nenos e nenas das categorías sub 8 (desde os 3 anos de idade) a sub 18  que completarán unha distancia entre 50 e 2.300 metros dependendo da idade de cada participante.

Non haberá control de tempos, polo que non se xerará lista de resultados finais. Tódolos rapaces levarán unha medalla de recordo e, a partir da categoría sub 12, haberá trofeo para os tres primeiros e tres primeiras clasificadas de cada proba. Nas castegorías de sub 10 cara abaixo entregarán a todos os participantes unha bolsa de lambetadas.

As inscricións realizaranse on line na páxina web de Cronotec. Haberá un teléfono de contacto (Manuel – 667833100), para resolver todas as dúbidas que poidan xurdir con respecto á inscripción. As inscricións cerrarán o mércores, día 4 de setembro. Non haberá cota de inscrición.

Inscricións e regulamento:

https://cronotec.es/menoresdondela24.html

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará