Hoxe é Domingo 8 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Procesión por mar para celebrar a festa do Carme en Chapela

festa carmen chapela

As festas do Carme continúan na nosa bisbarra e esta fin de semana é a quenda para os actos que organiza o Círculo Cultural e Recreativo de Chapela con actividades que arrancan hoxe venres nunha xornada na que haberá verbena a cargo do trío La Noche e o grupo Kalima. Mañá sábado será tamén unha xornada de atraccións e música nocturna co trío Arena e a orquestra D’Noche.

O día grande será o domingo con procesión terrestre ás doce do mediodía mentres que a procesión marítima está prevista para as cinco da tarde. A orquestra América S.L. será a encargada de amenizar a verbena nocturna  partir das 22:30 horas.

O luns terá lugar o Día do neno con atraccións a un prezo máis económico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará