Os artistas locais Suso Ben, Xacobe Pérez e Beatriz Blanco amosan a súa obra nunha exposición que se inaugura este mesmo sábado e que permanecerá durante todo o mes de agosto no local de recente apertura Rootbark etnobrunche que se atopa no número 6 da rúa Pai Crespo de Redondela.
A exposición volve reunir obras de Bea Blanco e Xacobe Pérez quen o pasado ano xa amosaran conxunamente os seus trabalos no Multiúsos da Xunqueira. Nesta ocasión úneselles quen fora o seu profesor e referente, o pintor e polifacético artista redondelán Suso Ben.
A mostra incluirá unha quincena de traballos que teñen en común seren obras enmarcadas dentro da arte figurativa e formar parte do último período creativo de cada un deles.
Salientan a importancia destas exposicións como un xeito de atoparse co público e dar a coñecer os seus traballos malia que nesta ocasión danse unhas características moi concretas: o feito de facelo na casa, xa que os tres son de Redondela e facelo ademais nun local que ven de abrir as súas portas ao público cun carácter alternativo e pensando tamén na posibilidade de facer concertos e actividades culturais como esta exposición.
A inauguración será este sábado ás 11:30 con música a cargo de Yaiza Comsesaña.