O Concello de Soutomaior vén de anunciar a programación da que é unha das súas apostas no ámbito cultural e festivo: a celebración da I Semana Grande que se desenvolverá entre o 2 e o 7 de agosto e que contará ncoa actuación de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e cunha das mellores orquestras de España como é La Misión. A festa desenvolverase en dous espazos: o Torreiro da Feira do dez en Candán e a contorna da Igrexa de San Salvador.
A programación arrancará o venres 2 de xullo co chupinazo inaugural e co espectáculo da ´Mekánica Rolling Band´ con pasarrúas ata a Igrexa de San Salvador onde a festa continuará coa música da ´Duendeneta´.
O sábado haberá unha sesión vermú a cargo de ´Desconerto´, unha xornada, o 3 de agosto, onde o prato forte será o directo de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre que estarán a partir das 21:00 h. no Torreiro da Feira do Dez.
O domingo 4 de agosto ás Asociacións Veciñais serán as protagonistas co día da cociña de Soutomaior e o xantar popular, haberá showcooking a cargo de cociñeiros e cociñeiras locais e coa celebración dun gran xantar popular.
O luns 5 chegarán as verbenas a esta festa coa presenza dunha das cinco mellores orquestras de España, con La Misión, que actuará a partir das 22:30 h. no Torreiro da Feira do Dez en Candán, ás 00:15 h. terá lugar o espectáculo Pirotécnico de luces. Será este, sen dúbida, un dos días grandes da festa.
O martes haberá sesión vermú con `Balbuena & Seoane´ na contorna da Igrexa de San Salvador, concerto da banda Artística de Arcade e verbena co directo da orquestra Cinema no Torreiro do dez en Candán.
Xa na xornada do mércores 7 se despiden estas festas coa Romaría de San Caetano e cunha sesión vermú na Ermida de San Caetano no Castelo de Soutomaior.
O alcalde Manu Lourenzo salientou que esta festa nace con vocación de continuidade “unha grande festa que vai a permanecer no tempo. Isto vai a ser posible na medida en que creamos neste proxecto, en canto e tanto nos impliquemos esta festa evolucionará e medrará acompañando á sociedade que é a auténtica protagonista da mesma”.