Hoxe é Mércores 23 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de inscrición para o torneo 3×3 de baloncesto

skate

O Concello de Redondela, en colaboración co Club de Baloncesto de Redondela, organiza o torneo 3×3 que terá lugar o 31 de agosto nas instalacións do Skatepark do municipio. O prazo de inscrición está aberto ata o 26 de xullo e cada equipo debe aboar 30 euros de cota.

O torneo de categoría libre ou mixta dará comezo ás 10:00 horas e rematará sobre as 21:00 horas. Os participantes deben ter máis de 16 anos e os equipos deben estar compostos por un máximo de 6 xogadores. A cota de inscrición é de 30 euros por equipo e débese entregar a lista de xogadores ao correo (3x3redondela@gmail.com) cos datos dos xogadores, nome do equipo e DNI. O primeiro premio é de 300 euros e o segundo de 100.

A inscrición pode facerse no teléfono 627 74 88 62, ou enviando un correo electrónico a 3x3redondela@gmail.com. Dende a organización animan a xente a participar sinalan que “a inscrición pode facela unha soa persoa e eles encargaranse de formar un equipo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará