A proba organizada polo Club de Atletismo de Redondela e a Concellería de Deportes do Concello de Redondela está enfocada para persoas nadas antes do 2010 e celebrarase o 21 de setembro ás 19:00 horas da tarde.
As equipas deberán estar formadas por entre 4 e 6 compoñentes. No caso dos equipos mixtos, un mínimo de 2 compoñentes terán que pertencer ao xénero contrario. O percorrido terá unha distancia de 5 Km que comezará no centro da vila e rematará diante do Concello, onde estará situada a meta.
Dende a organización animan á xente a participar e desfrutar dun día de deporte que ademais coincide co XII aniversario do C.A.R. A inscrición inclúe os gastos de xestión e o prezo é de 6, 50 euros por participante ata o 8 de setembro. No caso de pasar esta data, a partir de aquí o prezo por participante é de 8,50 euros ata o 18 de setembro.
Para máis información está a disposición o coreo electrónico car.redondela@gmail.com e o número de teléfono 667 833 100.
Inscricións e regulamento: