Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Investigan como homicidio a morte de Manuela Barbosa, desaparecida en Arcade

desaparecida-e1641996312155-piwp2wzgr81nedtunn4jsrd0drjhbkoxvot3dlmnbc

O Subdelegado do goberno, Abel Losada confirmara que o cráneo e os ósos humanos atopados o 18 de xuño nunha zona rural no barrio do Conde, próxima ao casco urbano de Arcade, pertencerían a Manuela Barbosa, muller de 66 anos veciña de Redondela que desapareceu o 13 de xullo de 2021. Case dúas semanas despois, o caso está a ser investigado como homicidio.

Aínda que o antropólogo forense Fernando Serrulla aínda non entregou o informe sobre as causas do falecemento, que aínda está en proceso de elaboración, este experto xa trasladou verbalmente aos investigadores, tras un primeiro estudo preliminar, que todo parece apuntar a unha morte violenta e que os golpes localizados no cranio da vítima serían compatibles cun obxecto contundente. A sospeita, ademais, é que o corpo da muller estivo desde o seu falecemento na parcela chea de maleza do barrio do Conde onde un operario contratado para a limpeza da leira atopou os restos do esqueleto o pasado 18 de xuño mentres facía labores de roza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará