Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

50 familias reciben produtos ecolóxicos do obradoiro de emprego de Pousadouro

ee240618-d4e3-453a-8e37-4458748e339f

En base a un convenio asinado entre o Concello de Redondela e Cáritas-Redondela, os produtos da horta ecolóxica do Obradoiro de Emprego son doados semanalmente a esta entidade. Só esta semana recolleron unha produción de máis de 230 quilos de vexetais que se vai repartir a 50 familias beneficiarias do banco de alimentos de Cáritas-Redondela.

Tomates de diferentes variedades, xudías, pementos, cabaciñas, cogombros ou remolachas son algúns dos produtos ecolóxicos dos que se benefician estas familias. Ao longo deste ano tamén se distribuíron 223 quilos de kiwis para o banco de alimentos, máis de 300 leitugas e centos de mañizos doutros vexetais como allo porro, acelgas, rabaniños ou rúcula.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Emprego, Antonio Cabaleiro, visitaron onte o Pazo de Pousadouro e destacaron a labor social que se fai desde este Obradoiro. O alumnado recibe unha completa formación profesional ao tempo que a produción serve para axudar ao banco de alimentos “con vexetais ecolóxicos de excelente calidade”.

En total son 10 os alumnos e alumnas que se forman en agricultura ecolóxica e xardinería forestal. Ademais de traballar a horta ecolóxica de Pousadouro pazo realizan traballos nas fincas da Coutada e do camiño da Vía Vella, entre outros. Por outra banda, no Pazo de Pousadouro tamén se está a desenvolver o Obradoiro de Emprego na modalidade de “Carpintería de ribeira”, na que participan tamén 10 alumnas e alumnos que están a rehabilitar o histórico bote “Manuel”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará