O festival de Artistas de Rúa arrancará ás 19.30 horas na praza José Figueroa cun concerto de As Tareixas, un grupo musical familiar redondelán galardoado co segundo premio no concurso “Quero cantar” celebrado este ano pola Deputación da Coruña.
O grupo de Redondela está integrado por un pai José Manuel Díaz e os dous fillos, Omara unha nena de 8 anos e Román un rapaz de 10. “A cadeira da avoa” foi a canción que os levou á final do concurso e que os impulsou a seguir compoñendo e tocando como familia, de feito a nai Olga é a encargada de farcer a promoción e chámanlle con agarimo a “mamanager”.
Despois do concurso comezaron a dar concertos de forma máis regular e gracias ao seu estilo tradicional con letras modernas e actuais recibiron a chamada de varios eventos relacionados co folclore e a comunidade galega. A fin e semana pasada tocaron na taberna de Ourense A Arca de Noe, con motivo do decimo aniversario deste local dedicado á música e a cultura. Estiveron tamén en Santiago de Compostela na Parroquia de San Xoan de Fecha dentro da programación de actividades entorno ao Parque Agrario, onde está situada a famosa “pedra que fala”, petróglifos asociados ao folclore galego. Gardan con moito agarimo o concerto que deron no CEIP Alexendre Bóveda de Chapela , “porque ademais de poder tocar na casa, din que foron moi ben recibidos e notaban a reacción positiva do alumnado”.
A música é algo que sae de forma natural deles. O pai é músico profesional e Omara e Pablo naceron rodeados de instrumentos. Ambos van ao Conservatorio Municipal de Redondela Víctor Ureña para formarse en varias disciplinas e instrumentos.
Despois de compoñer “a cadeira da avoa”, continúan creando novos temas cos que teñen pensado sacar un disco en outono de dez cancións que xa teñen escritas. José Manuel escribe letras sobre temas “que lle chaman a atención da vida cotiá, pero que teñen unha mensaxe ou sentido”. Sobre todo, enfócase en adaptalas para que poidan ser interpretadas por nenos. Algo que di “non é sinxelo”. CORTE
No concerto do venres na Praza de Figueroa poderemos escoitar as cancións que estarán no seu primeiro disco. Un espectáculo musical para todos os públicos no que os nenos se divirten, pero co que tamén conectan os adultos. Terá unha duración aproximada dunha hora
O venres dous de agosto estarán na Praza José Figueroa, concerto de balde dentro da Programación do Festival de artistas de rúa. Para quen non poida asistir a esta data tamén anuncian un concerto o próximo sábado 24 de agosto en Soutomaior ás 12:30h na Carballeira do Peirao.