As máis de 40 tendas participantes na campaña están preparando a decoración e ambientación para este evento de venda nocturna que terá lugar mañá venres dous de agosoto. Nesta edición a temática glamur marcará a decoración e ambientación das tendas. Os descontos e promocións son un reclamo que o comercio prepara con mimo para atraer a novos clientes. As tendas participantes estarán abertas ata a media noite nunha xornada estival para gozar da frescura das noites de verán mercando nos comercios locais.
A Asociación de Empresarios de Redondela comezou hoxe co reparto do material decorativo que está presidido por unha gran lúa dourada e guirnaldas de perlas realizadas con globos. Dende a organización sinalan que “o comercio prepara con expectativas positivas esta xornada xa que é moito o público de que se achega a Redondela o que podería supor un impulso as vendas”.
Nesta edición son máis de 40 os comercios que participaran e entre eles atopamos tendas de moda e calzado, bisutería, xoiería, librarías e tendas de alimentación. A hostalaría tamén se suma a esta noite especial ofrecendo Cócteles especiais feitos exclusivamente para a velada. O sector hostaleiro fai un guiño á iniciativa desta forma, pero calquera establecemento que nos encontremos pola rúa estará aberto e con sorpresas en cada recuncho cun perfil especial con sorteos e rebaixas. Julia, da Asociación de Empresarios de Redondela sinala que “esta é unha oportunidade de descubrimento, compra lúdica e compartir coa clientela momentos diferentes”.
Haberá ademais formatos especiais con tendas anfitrioas, que durante esta noite acollen a outras tendas ou negocios, un formato que “permite non so xerar sinerxías positivas entre distintas actividades comerciais senón que tamén permite a negocios con ubicación menos céntricas achegarse a vida comercial do Centro Comercial Aberto de Redondela” segundo explican dende a Asociación de empresarios de Redondela, promotora do evento.
O formato de tendas efémeras van estar en lugares e prazas moi determinadas que podemos localizar a través do mapa creado pola asociación. Esta sección de establecementos que sacan os seus produtos á rúa, “son na maioría dos casos tendas que están afastadas do centro e ofrecerán tamén talleres e servizos específicos como pode ser o maquillaxe glam que farán aquelas dedicadas á cosmética”. Un dos espazos será a Praza da Casa da Torre “con cinco tendas que se situarán ao aire libre onde mostrarán e interacturarán coa clientela na propia rúa”. Tamén haberá un photocall propio da temática para sacarse fotos e poder compartilas.
Por últimos haberá tendas con formato mixto, en referencia a aquelas tendas que se sitúan no seu emprazamento habitual pero que exporán na rúa a súa oferta comercial, de xeito que no interior poderemos atoparnos coas presentacións exclusivas das novas colección e no exterior haberá unha gran exposición de mercadorías rebaixadas de fin temporada, nas últimas e grandes rebaixas de verán.
A xornada da shopping night súmase ao programa do festival de artistas de rúa que arranca ás 19:30h cunha actuación do grupo local As Tareixas na Praza de José Figueroa garante animación e espectáculo durante toda a tarde deste venres ata pechar ás 00:00h do Septeto Santiaguero que pechará a velada con música cubana.