Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A construción do Viveiro de Empresas de Redondela arranca o próximo ano na Praza da Petanca

373d4e94-77ff-4792-9208-2953b9399bfb

O futuro Viveiro de Empresas de Redondel estará situado na Casa de Don Pancho, edificio situado na Praza da Petanca, que albergará este espazo de emprendemento para Redondela. O proxecto xa está redactado e as obras poderán comezar o ano que vén. O importe da rehabilitación do inmoble ascende a aproximadamente a 1.250.00 euros.

A sede da Zona Franca en Vigo acolleu onte a sinatura da compra do edificio situado na Praza da Petanca  por 265.628,27 euros, segundo a taxación oficial, e responde ao protocolo de colaboración e do convenio subscritos entre a Zona Franca e o Concello para a implantación do Viveiro . Ao acto de firma asistiron a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e as propietarias do inmoble, estando tamén presente o adxunto á Secretaría Xeral do Consorcio José Manuel Rodríguez e o delegago do Estado David Regades.

A alcaldesa, Digna Rivas, destacou que “hoxe é un día grande como alcaldesa e para toda a cidadanía de Redondela porque este proxecto é moi importante para a vila e hoxe xa é unha realidade”. Rivas agradeceu ao delegado David Regades o seu compromiso con Redondela “porque este viveiro suporá un impulso aos novos emprendedores, as pemes e as empresas. En pouco tempo veremos xa a transformación deste edificio tan emblemático. Hoxe é un día feliz”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela.

Pola súa banda, o delegado de Zona Franca, David Regades, sinalou que o Viveiro de Empresas é a primeira actuación do Consorcio en Redondela, “e ante o interese común do Concello e do Consorcio estamos convencidos que non será a última. O noso obxectivo é achegar espazos a todas as persoas con novas iniciativas que queiran emprender e acompañalas no seu nacemento e na súa consolidación. En Redondela hai un dinamismo económico que temos que aproveitar para seguir xerando riqueza, creación de emprego e atracción de talento. Hoxe é un día importante para Zona Franca”.

David Regades, delegado do Estado.

Regades informou que o proxecto xa está redactado e que este mesmo ano irá a licitación polo que as obras poderán comezar o ano que vén. Unha vez pechada a adquisición da Casa de Don Pancho, será Zona Franca quen levará a cabo a rehabilitación do inmoble, cuxas obras se cifran nun importe aproximado dun 1.250.00 euros. Tras a apertura do viveiro, o Consorcio tamén colaborará co Concello de Redondela na dinamización das instalacións. Pola súa banda, o Concello asumirá a xestión e mantemento deste novo espazo de emprendemento e do edificio e dotará ás instalacións de persoal para as labores de atención e asesoramento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará