Hoxe é Mércores 23 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de inscrición para a Gala Drag do entroido de verán

300500469_637085884511344_42519066835622686_n

O obxectivo deste concurso organizado polo Concello de Redondela é a elección da Drag Queen ou Drag King do Entroido de Verán 2024 que terá lugar o 24 de agosto. Tamén haberá premio para o segundo e terceiro posto e o prazo de inscrición está aberto ata o 15 de agosto.

Poden participar neste concurso todas as persoas que previamente envíen a folla de inscrición oficial, en documento adxunto, xunto co resto da documentación solicitada a cultura@redondela.gal. O Primeiro premio á mellor Drag Queen ou Drag King do Entroido de Verán de Redondela é de 1.000 euros,  o Segundo de 500 e o terceiro de 300 euros.

As persoas que participen deberán ter máis de 18 anos cumpridos antes da celebración do acto, entregar fotocopia do seu DNI ou pasaporte e a folla de inscrición debe estar cuberta na súa totalidade coa información definitiva: participante, nome da fantasía e dos compoñentes (un máximo de 3) que acompañarán ao participante na coreografía.

No momento da inscrición ou cinco días antes da Gala de elección, deberase presentar a base musical que acompañará o desfile do candidato en formato mp3 mediante correo electrónico, cunha calidade mínima de 192Kb e cunha duración máxima de 4 minutos. O día da competición é obrigatorio levar unha copia do tema coa mesma calidade nun PEN que conteña exclusivamente o tema musical co que vai competir.

O xurado, composto por tres persoas, será designado pola organización do Entroido de Verán do Concello de Redondela e poderá realizar unha visita previa ás persoas participantes antes da saída ao escenario, onde terá un primeiro contacto coas fantasías, sen a presenza dos axudantes.

Terán en conta á hora de puntuar, os seguintes aspectos: Creatividade, orixinalidade, elaboración do vestiario, interpretación e posta en escena. Estes aspectos serán avaliados nunha puntuación do 1 ao 10, que se realizará unha vez finalizada a interpretación dos participantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará