Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As remeiras de Chapela e Cesantes lideran a liga galega de traiñeiras

Foto portada (Post de Facebook) (1)

Esta fin de semana celebráronse a III Bandeira Feminina Princesa de Asturias da Liga F e a XXXVI Bandera Princesa de Asturias da Liga A en Castropol. Chapela e Cesantes foron as vencedoras da regata feminina, acadando un primeiro e segundo posto respectivamente, que as coloca tamén no podio da clasificación xeral onde continúan dominando as beretes. Na liga masculina o vencedor foi Ares, mentres que Chapela quedou de cuarto e Cesantes continúa de pechacancelas do grupo.

As líderes da categoría feminina, Chapela-Wofco, confirmaron o seu gran nivel, dando un paso decisivo, coa súa vitoria rotunda na III Bandeira Feminina Princesa de Asturias, celebrada en Castropol. As mozas de Cesantes-Amegrove-Cefycal, magníficas segundas, tentaron de forma admirable restar ás beretes, pero os seus esforzos foron en balde e Chapela-Wofco conquistou a súa quinta vitoria na liga con seis regatas disputadas, marcando a súa proa cara ao triunfo nesta Liga Feminina-Trofeo Xunta de Galicia 2024.

Na Liga A, Ares tivo que emplearse a fondo para manter o liderado na categoría e conseguir gañar a Castropol, a traiñeira anfitrioa foi a que mais preto estivo do líder a oito segundos e no terceiro posto entrou Tirán a once segundos. Chapela quedou moi preto do podio no cuarto posto e ofrecendo unha boa regata, mentres que Cesantes continúa de pechacancelas da categoría.

LIGA F

Clasificación, III Bandeira Feminina Princesa de Asturias:

  1. Chapela: 23:43 e bandeira.
  2. Cesantes: 24:25.
  3. Rianxo: 24:51.
  4. Cabo da Cruz B: 25:04.
  5. Perillo: 25:32.
  6.  Castropol: 26:01.
  7. Mugardos-A Cabana Ferrol: 26:03.

Clasificación xeral, xornada 6:

  1. Chapela: 41
  2. . Cesantes: 36.
  3. Perillo: 24.
  4.  Cesantes: 24.
  5. Cabo da Cruz B: 18.
  6. Mugardos-A Cabana Ferrol: 16.
  7. Castropol: 9.

LIGA LGT A:

Clasificación xeral, XXXVI Bandeira Princesa de Asturias:

  1. Ares: 20:14 e bandeira.
  2. Castropol: 20:22.
  3. Tiran: 20:25.
  4. 4Chapela: 20:32.
  5. Rianxo: 21:0.
  6.  Samertolameu: 21:12.17.
  7. Mugardos-A Cabana Ferrol: 21:12.46.
  8.  Mecos: 21:21.
  9. Cabo da Cruz B: 21:23.65.
  10. Urme: 21:23.93.
  11. Naron: 21:29.
  12. Cesantes: 21:59

Clasificación xeral, xornada 9

  1. Ares: 107.
  2.  Chapela: 93.
  3.  Tiran: 92.
  4.  Castropol: 85.
  5. Rianxo: 65
  6.  Samertolameu: 62.
  7. Mecos: 52.
  8. Urme: 34.
  9. Naron: 34.
  10.  Mugardos-A Cabana Ferrol: 33.
  11.  Cabo da Cruz B: 28.
  12. Cesantes: 17.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará